sábado, 15 de enero de 2011

Chibos Chibóns


Había unha vez tres chibos que vivían nunha montaña: o chibo chibón pequeno, o chibo chibón mediano e o chibo chibón grande. 
Un día viron unha herba moi verde  que crecía  ao outro lado do río. Pero para chegar aló había que  cruzar unha ponte  e debaixo dela  vivía un ogro terrible, que non deixaba pasar a ninguén. Así pois, o  chibo pequeno, o chibo  mediano e o chibo grande  tiveron que  argallar a forma de burlar ao monstro. Unha historia que nos amosa que a intelixencia e o  enxeño poden máis que a forza física... 
Olalla González adapta para os primeiros lectores este conto popular europeo, cunha versión especialmente creada para ser contada. En “Chibos chibóns”, os  cativos  atoparán un xogo de tamaños, números e sons, que  tamén se traduce nun  xogo tipográfico a  través das  páxinas do  libro. Federico Fernández,  galardoado en 2001 co Primeiro Premio Nacional de Ilustración por “Onde perdeu Lúa a risa?”, apórtalle á  historia unha boa dose de humor, creando unha serie  de personaxes dotados de gran expresividade. 
Esta que vos presentamos aquí é outra versión deste  álbum,  editado na colección Makakiños de KALANDRAKA, destinada a persoas con necesidades educativas especiais, para o que o relato foi adaptado ao sistema de pictogramas SPC.