lunes, 20 de diciembre de 2010

A que sabe a lúa?



A atracción que os nenos/ as senten polos animais, como un dos elementos do contorno natural, resulta evidente. A súa capacidade de observación, a súa afectividade e as necesidades lúdicas vense amplamente satisfeitas coa contemplación destes seres, tanto na realidade coma en imaxes gráficas ou filmacións.
Os animais salvaxes atraen tamén a atención dos nenos/ as. Uns pola súa espectacularidade ou o seu exotismo como o león, o elefante ou a xirafa e outros por ser protagonistas de moitos dos contos e películas infantís, como o lobo, o cervo, o porco, o oso, o rato...
A lectura e a presentación en power point do conto “A que sabe a lúa?” de Michael Grejniec editado por Kalandraka serve como eixo fundamental para introducir e motivar o tema dos animais polo atractivo que resulta para os nenos o apoio da narración en imaxes que ademáis, neste caso, cobran movemento.
OBXECTIVOS DIDÁCTICOS OU DE APRENDIZAXE
·   Adoptar progresivamente pautas adecuadas de comportamento e normas de convivencia.
·   Identificar animais procedentes doutros contornos
·   Asimilar, identificar e diferenciar os conceptos arriba – abaixo, enriba – debaixo, entre (no medio), preto – lonxe, e repasa-lo concepto e a grafía dos cardinais 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8

CONTIDOS
ÁREA DE COÑECEMENTO DE SÍ MESMO E AUTONOMÍA PERSONAL
·   Hábitos de responsabilidade
·   Respecto polos outros
·   Atención e razoamento
·   Práctica de hábitos saudables: hixiene do propio corpo ante o contacto cos animais.
·   Coidado dun mesmo no trato con animais
·   Coidado dos animais da clase e da casa. Coidado do entorno
ÁREA DE COÑECEMENTO DO CONTORNO
·   Observación dalgunhas características, comportamentos, alimentación, hábitats e cambios de animais salvaxes e domésticos.
·   Disposición para colaborar e para resolver conflitos
·   Aproximación á serie numérica: os números 1,2,3.4.5.6.7.
·   Situación de si mesmo e dos obxectos no espazo: arriba – abaixo, enriba – debaixo, preto – lonxe, entre...Comprensión do mundo a través do establecemento de relacións de orientación espacial e de localización, dirección, distancia e posición respecto a persoas, obxectos e lugares, nomeándoos axeitadamente e empregando o vocabulario topolóxico elemental.
. Iniciación nas habilidades matemáticas; na orde e na cuantificación 



Para ver o conto clica aquí