Cortos de animación desenvolvidos por OQO editora:
"Os sete cabritos"
"A pota que trota"
"Fiz, o coleccionista de medos"
O recuncho de Maries
viernes, 1 de marzo de 2013
martes, 19 de febrero de 2013
sábado, 15 de enero de 2011
Chibos Chibóns
Había unha vez tres chibos que vivían nunha montaña: o chibo chibón pequeno, o chibo chibón mediano e o chibo chibón grande.
Un día viron unha herba moi verde que crecía ao outro lado do río. Pero para chegar aló había que cruzar unha ponte e debaixo dela vivía un ogro terrible, que non deixaba pasar a ninguén. Así pois, o chibo pequeno, o chibo mediano e o chibo grande tiveron que argallar a forma de burlar ao monstro. Unha historia que nos amosa que a intelixencia e o enxeño poden máis que a forza física...
Olalla González adapta para os primeiros lectores este conto popular europeo, cunha versión especialmente creada para ser contada. En “Chibos chibóns”, os cativos atoparán un xogo de tamaños, números e sons, que tamén se traduce nun xogo tipográfico a través das páxinas do libro. Federico Fernández, galardoado en 2001 co Primeiro Premio Nacional de Ilustración por “Onde perdeu Lúa a risa?”, apórtalle á historia unha boa dose de humor, creando unha serie de personaxes dotados de gran expresividade.
Esta que vos presentamos aquí é outra versión deste álbum, editado na colección Makakiños de KALANDRAKA, destinada a persoas con necesidades educativas especiais, para o que o relato foi adaptado ao sistema de pictogramas SPC.
lunes, 20 de diciembre de 2010
A que sabe a lúa?
A atracción que os nenos/ as senten polos animais, como un dos elementos do contorno natural, resulta evidente. A súa capacidade de observación, a súa afectividade e as necesidades lúdicas vense amplamente satisfeitas coa contemplación destes seres, tanto na realidade coma en imaxes gráficas ou filmacións.
Os animais salvaxes atraen tamén a atención dos nenos/ as. Uns pola súa espectacularidade ou o seu exotismo como o león, o elefante ou a xirafa e outros por ser protagonistas de moitos dos contos e películas infantís, como o lobo, o cervo, o porco, o oso, o rato...
A lectura e a presentación en power point do conto “A que sabe a lúa?” de Michael Grejniec editado por Kalandraka serve como eixo fundamental para introducir e motivar o tema dos animais polo atractivo que resulta para os nenos o apoio da narración en imaxes que ademáis, neste caso, cobran movemento.
OBXECTIVOS DIDÁCTICOS OU DE APRENDIZAXE
· Adoptar progresivamente pautas adecuadas de comportamento e normas de convivencia.
· Identificar animais procedentes doutros contornos
· Asimilar, identificar e diferenciar os conceptos arriba – abaixo, enriba – debaixo, entre (no medio), preto – lonxe, e repasa-lo concepto e a grafía dos cardinais 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8
CONTIDOS
ÁREA DE COÑECEMENTO DE SÍ MESMO E AUTONOMÍA PERSONAL
· Hábitos de responsabilidade
· Respecto polos outros
· Atención e razoamento
· Práctica de hábitos saudables: hixiene do propio corpo ante o contacto cos animais.
· Coidado dun mesmo no trato con animais
· Coidado dos animais da clase e da casa. Coidado do entorno
ÁREA DE COÑECEMENTO DO CONTORNO
· Observación dalgunhas características, comportamentos, alimentación, hábitats e cambios de animais salvaxes e domésticos.
· Disposición para colaborar e para resolver conflitos
· Aproximación á serie numérica: os números 1,2,3.4.5.6.7.
· Situación de si mesmo e dos obxectos no espazo: arriba – abaixo, enriba – debaixo, preto – lonxe, entre...Comprensión do mundo a través do establecemento de relacións de orientación espacial e de localización, dirección, distancia e posición respecto a persoas, obxectos e lugares, nomeándoos axeitadamente e empregando o vocabulario topolóxico elemental.
. Iniciación nas habilidades matemáticas; na orde e na cuantificación
Para ver o conto clica aquí
Suscribirse a:
Entradas (Atom)